miércoles, 26 de febrero de 2020

MITOLOXÍA EN FEMININO

A materia de Lingua Castelá e Literatura comezou a súa aportación no proxecto Donas de sí co estudo das figuras femininas dentro da Mitoloxía clásica. Nesta cultura, base da nosa civilización, as mulleres eran representadas como envidiosas, asasinas ou  culpables dos males da Humanidade. Por iso, ademais de achegar ao noso alumnado aos textos clásicos tratamos de que sexan quen de percibir a discriminación da muller durante a historia e crear así referentes clásicos femininos como os máis que coñecidos Hércules ou Ulises. 

Resultado de imagen de penélope y el telar Penélope esperando no telar.

Para elo, o noso alumnado buscou información sobre distintos mitos como Penélope, Pandora, Medea, Antígona, Dido, entre outras. Unha vez feita a búsqueda, narraron ao resto da clase o mito facendo fincapé na figura da muller. Por último, creamos uns lemas en primeira persoa, rompendo co estereotipo que marcaba a historia e remarcando na muller unha actitude a seguir.

Algúns exemplos: 
" Son Penélope e soamente espero por min, coñecéndome, procurando o meu destino." 
" Son Pandora e abro a caixa da esperanza, desbotando os medos. "
 "Son Antígona e desafío as leis que oprimen ás mulleres."

Saúdos e a seguir traballando.

martes, 18 de febrero de 2020


 O alumnado de primeiro da ESO comezou a traballar no mes de decembro a figura de tres importantes mulleres matemáticas: Hipatia de Alexandría, Sophie Germain e María Gaetana Agnesi.




HIPATIA
SOPHIE GERMAIN
MARÍA G. AGNESI

Estas mulleres fixeron importantes aportacións ao mundo matemático aínda que se atoparon con numerosos obstáculos e as súas achegas foron invisibilizadas durante moito tempo.

O primeiro paso foi completar táboas con información de cada unha para despois poñela en común, empregando como principal material de apoio os datos que recollen no blog Mujeres con ciencia.












 Pronto mostraremos os traballos realizados e engadiremos máis mulleres matemáticas a esa lista!

Figura femenina e arte

Segundo de bacharelato chegou a importantes  conclusións sobre a visión da muller na arte e os plasmaron nun traballo claro e preciso.