A materia de Lingua Castelá e Literatura comezou a súa aportación no proxecto Donas de sí co estudo das figuras femininas dentro da Mitoloxía clásica. Nesta cultura, base da nosa civilización, as mulleres eran representadas como envidiosas, asasinas ou culpables dos males da Humanidade. Por iso, ademais de achegar ao noso alumnado aos textos clásicos tratamos de que sexan quen de percibir a discriminación da muller durante a historia e crear así referentes clásicos femininos como os máis que coñecidos Hércules ou Ulises.
Penélope esperando no telar.
Para elo, o noso alumnado buscou información sobre distintos mitos como Penélope, Pandora, Medea, Antígona, Dido, entre outras. Unha vez feita a búsqueda, narraron ao resto da clase o mito facendo fincapé na figura da muller. Por último, creamos uns lemas en primeira persoa, rompendo co estereotipo que marcaba a historia e remarcando na muller unha actitude a seguir.
Algúns exemplos:
" Son Penélope e soamente espero por min, coñecéndome, procurando o meu destino."
" Son Pandora e abro a caixa da esperanza, desbotando os medos. "
"Son Antígona e desafío as leis que oprimen ás mulleres."
No hay comentarios:
Publicar un comentario