miércoles, 15 de abril de 2020

Máis mulleres matemáticas: Florence Nightingale, Sofía Kovalevskaya, Emmy Noether

Aínda que esta situación que estamos a vivir non nos deixou aumentar a lista de mulleres matemáticas todo o que queriamos, si que nos deu tempos antes do confinamento a engadir tres máis que, sen dúbida, foron de inmensa importancia para esta ciencia. Estivemos investigando sobre Florence de Nightingale, Emmy Noether e Sofía Kovalevskaya.


Florence Nightingale





De Florence de Nightingale descatamos a súa importante labor como enfermeira, que  complementou á perfección cos estudos estatísticos que realizou co fin de reducir a tasa de mortalidade na Guerra de Crimea.








   
Emmy Noether


Chamounos a atención que Emmy Noether, a pesar da súa gran valía como matemática, foi rexeitada como profesora na universidade polo feito de ser muller.










  
Sofía Kovalevskaya


E por último, de Sofía Kovalevskaya, parecéronnos incribles as trabas ás  que se viu enfontada para poder formarse fóra do seu país, tendo que  casarse por conveniencia. Non se lle dabas pasaportes a mulleres solteiras  e esa figura masculina permitiulle mudarse a Viena para continuar a súa interminable carreira na Universidade de Heidelberg.











Ampliaremos más adiante esta información con todo o que aprendemos!








Para rematar, quen queira poñer a proba os seus coñecementos sobre mulleres matemáticas, pode facelo con este kahoot, no que xa participou algún alumnado do centro. Animádevos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Figura femenina e arte

Segundo de bacharelato chegou a importantes  conclusións sobre a visión da muller na arte e os plasmaron nun traballo claro e preciso.