martes, 16 de junio de 2020

Figura femenina e arte

Segundo de bacharelato chegou a importantes  conclusións sobre a visión da muller na arte e os plasmaron nun traballo claro e preciso.


Unha muller

O alumnado de primeiro da ESO entregou no mes de marzo as súas investigacións sobre a vida das mulleres da cultura anglo-saxona dos séculos XIX e XX propostas. Entre elas, colárase unha que lles chamou moito a atención. O seu nome e apelido despistaban pero era galega: María Wonenburguer.

lunes, 20 de abril de 2020

NA PROCURA DE REFERENTES

Boas a tod@s; 

Nas últimas semanas antes do confinamento, o Departamento de Lingua Castelá traballou activamente na procura de referentes feminimos para o noso alumnado. 

Os rapaces e rapazas de 1º de ESO elaboraron dun xeito cooperativo unha exposición de carteis de mulleres cun papel relevante nas distintas ramas do saber como Concepción Arenal, Sor Juana Inés de la Cruz, Hipatia de Alejandría, Marie Curie etc., e outras moitas menos recoñecidas como Wangari Muta ou Rachel Luise Carson. Unha vez recompilada a información máis relevante, elaboraron carteis que promocionasen o seu labor.

CARTELES EXPOSICIÓN  




Finalmente, fixeron unha breve exposición aos seus compañeiros e compañeiras.

PRESENTACIONES


Dende o Departamento de Lingua Castelá, seguiremos traballando neste proxecto con ilusión e esperanza.











miércoles, 15 de abril de 2020

Máis mulleres matemáticas: Florence Nightingale, Sofía Kovalevskaya, Emmy Noether

Aínda que esta situación que estamos a vivir non nos deixou aumentar a lista de mulleres matemáticas todo o que queriamos, si que nos deu tempos antes do confinamento a engadir tres máis que, sen dúbida, foron de inmensa importancia para esta ciencia. Estivemos investigando sobre Florence de Nightingale, Emmy Noether e Sofía Kovalevskaya.


Florence Nightingale





De Florence de Nightingale descatamos a súa importante labor como enfermeira, que  complementou á perfección cos estudos estatísticos que realizou co fin de reducir a tasa de mortalidade na Guerra de Crimea.








   
Emmy Noether


Chamounos a atención que Emmy Noether, a pesar da súa gran valía como matemática, foi rexeitada como profesora na universidade polo feito de ser muller.










  
Sofía Kovalevskaya


E por último, de Sofía Kovalevskaya, parecéronnos incribles as trabas ás  que se viu enfontada para poder formarse fóra do seu país, tendo que  casarse por conveniencia. Non se lle dabas pasaportes a mulleres solteiras  e esa figura masculina permitiulle mudarse a Viena para continuar a súa interminable carreira na Universidade de Heidelberg.











Ampliaremos más adiante esta información con todo o que aprendemos!








Para rematar, quen queira poñer a proba os seus coñecementos sobre mulleres matemáticas, pode facelo con este kahoot, no que xa participou algún alumnado do centro. Animádevos!

miércoles, 26 de febrero de 2020

MITOLOXÍA EN FEMININO

A materia de Lingua Castelá e Literatura comezou a súa aportación no proxecto Donas de sí co estudo das figuras femininas dentro da Mitoloxía clásica. Nesta cultura, base da nosa civilización, as mulleres eran representadas como envidiosas, asasinas ou  culpables dos males da Humanidade. Por iso, ademais de achegar ao noso alumnado aos textos clásicos tratamos de que sexan quen de percibir a discriminación da muller durante a historia e crear así referentes clásicos femininos como os máis que coñecidos Hércules ou Ulises. 

Resultado de imagen de penélope y el telar Penélope esperando no telar.

Para elo, o noso alumnado buscou información sobre distintos mitos como Penélope, Pandora, Medea, Antígona, Dido, entre outras. Unha vez feita a búsqueda, narraron ao resto da clase o mito facendo fincapé na figura da muller. Por último, creamos uns lemas en primeira persoa, rompendo co estereotipo que marcaba a historia e remarcando na muller unha actitude a seguir.

Algúns exemplos: 
" Son Penélope e soamente espero por min, coñecéndome, procurando o meu destino." 
" Son Pandora e abro a caixa da esperanza, desbotando os medos. "
 "Son Antígona e desafío as leis que oprimen ás mulleres."

Saúdos e a seguir traballando.

martes, 18 de febrero de 2020


 O alumnado de primeiro da ESO comezou a traballar no mes de decembro a figura de tres importantes mulleres matemáticas: Hipatia de Alexandría, Sophie Germain e María Gaetana Agnesi.




HIPATIA
SOPHIE GERMAIN
MARÍA G. AGNESI

Estas mulleres fixeron importantes aportacións ao mundo matemático aínda que se atoparon con numerosos obstáculos e as súas achegas foron invisibilizadas durante moito tempo.

O primeiro paso foi completar táboas con información de cada unha para despois poñela en común, empregando como principal material de apoio os datos que recollen no blog Mujeres con ciencia.












 Pronto mostraremos os traballos realizados e engadiremos máis mulleres matemáticas a esa lista!

Figura femenina e arte

Segundo de bacharelato chegou a importantes  conclusións sobre a visión da muller na arte e os plasmaron nun traballo claro e preciso.